ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Asociación Cultural, recreativa e deportiva Andrade-Tae de Vilalba organiza, para o vindeiro domingo, unha andaina e unha carreira ao santuario da Virxe dos Milagros, coincidindo co día grande da peregrinaxe a esta capela. O percorrido total será duns 18 quilómetros cun perfil non demasiado esixente e, por tanto, asequible para todos o público.
A saída será desde a árbore da Pravia ás 08.30 horas para os camiñantes, ás 09.30 horas para os atletas que tomen parte na carreira e ás 10.30 horas para os que opten por unha marcha de 5 quilómetros. Aqueles interesados en participar nesta activdiade poden apuntarse nas instalacións do ximnasio Sport-Center de Vilalba.
Maratón Solidario
A iniciativa promovida por esta asociación para axudar económicamente á ONG “llamarada de Fuego”, na que participa a vilalbesa María José Carrasco, rematou xuntando unha suma de 10.252,22 euros, que serán destinados a recadar fondos para dotar de auga potable o hospital de Kapiri en Malawi.