ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Agárdanse choivas moi intensas especialmente no litoral da Coruña. As previsións para esta xornada é que caian 80 litros por metro cadrado en 12 horas. A primeira pleamar coincidiu coas 9,13 da mañá e a segunda chegará ás 21,40. Protección Civil e Emerxencias alertan tamén de nevadas . Prevése que o paso dunha frente fría deixe nevadas intensas no noroeste peninsular, durante as próximas horas. A neve caerá
Os ríos Cádavo e Magalofes, ao seu paso por Perlío en Fene, ían moi cheos a media mañá pero non chegaron a desbordarse de momento. Se continua chovendo ao mesmo ritmo toda a tarde, non se descartan os habituais anegamentos da zona. A concelleira de Protección Civil de Fene, Sandra Permuy, informa que a Policía Local está atenta á situación por se se fan realidade os peores pronósticos. O material utilizado nestes casos está preparado por se fose necesario, como ocurríu no pasado mes de xaneiro. De todas maneiras, Sandra Permuy, agarda que a limpeza que se levou a cabo recentemente na canle fluvial, evite o anegamento na zona.