ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Burela é unha vila que destaca pola súa multiculturalidade e modelo de integración. Máis de 40 nacionalidades diferentes conviven na localidade mariñá e participan activamente na súa vida cultural, social e lúdica. Proba desa integración é o exitoso Modelo Burela para a promoción da diversidade lingüística. A primeira comunidade en chegar e integrarse, alá polos anos 70 do
A actual concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gomes Sanches é burelesa de nacemento mais filla de inmigrantes de Cabo Verde dos que chegaron ás nosas costas alá por finais da década de 1970. A familia de Angélica estivo sempre vinculada ao mar, sendo como é filla de mariñeiro agora retirado, que tras ter pasado polas obras da pranta de Alúmina, hoxe Alcoa, en San Cibrao, dedicouse á pesca do bonito, á que ía todos os anos. Angélica ten bos recordos desde pequena da Feira do Bonito, lembra que poñían "vestidos de domingo" e pasaban o día fóra disfrutando da efeméride. Dende entón ata a actualidade, a expansión da Feira e da afluencia de público a ela foi máis que apreciable. A concelleira cre que a comunidade caboverdiana vive dun xeito especial a Feira do Bonito pola vinculación directa da maioría das familias coa pesca, e que o primeiro que lles piden cando visitan outras xeografías nas que teñen familiares, son os botes deste peixe. "É algo que lles encanta".