Angel Mahía: “Quédannos 12 finais”

Angel Mahía: “Quédannos 12 finais”

07 de Febreiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

O máximo goleador e o mellor porteiro da categoría son as principais fortalezas do Miño, segundo o seu adestrador Angel Mahía. O equipo leva 8 partidos sen perder, pero faltan ainda 12 encontros para o remate da competición.

O Miño lidera a clasificación da Segunda Autonómica de fútbol, pero o grupo formado polo Neda, As Pontes B, Numancia de Ares, San Mateo e Ortigueira ainda conta con posibilidades. Achegámonos ao equipo "ceboleiro" que, sen contalo, é o primeiro clasificado da sua categoría. Esta semana visitan ao San Sadurniño, un conxunto da zona baixa da clasificación, pero iso non quita complicación ao encontro, segundo o mister do Miño.

Cando empezaron a nova temporada Angel Mahía non tiña como obxectivo o ascenso nen nada semellante, pero visto o visto, a partir dagora tentarán facelo igual de ben nas 12 xornadas que restan.

O Miño só perdeu tres encontros ao comezo da liga. A fortaleza defensiva e, s.t. os 27 goles marcados por Miguel, teñen moito que ver no lugar que ocupa encabezando a táboa. Angel Mahía  sabe que hai equipos superiores por iso a situación do Miño é mérito propio. As Pontes B ou o Neda son os seus favoritos.

Deportes