Angrois: verdade e xustiza antes que medallas

Angrois: verdade e xustiza antes que medallas

23 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

“Mala fe, non creo; oportunismo, si”. Non dubida Jesús Domínguez, unha das vítimas do accidente ferroviario de Angrois, de que a Xunta tivese boa intención ao querelas homenaxear xusto no aniversario do sinistro, o 24 de xullo, coa concesión da Medalla de Ouro de Galicia, a máis alta distinción autonómica. Mais entende que eses xestos non teñen xeito e tentan distrae

Ao cabo, situacións como a que provocou a Xunta con este recoñecemento oficial no que se confunden sentido da oportunidade e oportunismo, son unha mostra do porqué da crecente “desafección” cidadá cara a clase política. Jesús Domínguez explica que “están tan lonxe que non saben o que a xente quere”. E o que demandan é que os cargos públicos que nas súas declaracións gabaron as prestacións e seguridade do que nas notas de prensa chamaron “alta velocidade”, como foi o caso de Alberto Núñez Feijóo e José Blanco, colaboren na investigación do sinistro e a depuración de responsabilidades.

O portavoz dunha das dúas plataforma de vítimas constituídas arredor da traxedia de Angrois rexeita calquera outra axuda. “Non somos heroes nin fixemos ren. Só nos subimos nun tren que non cumpría coa normativa de seguiridade e entendemos que non merecemos unha medalla. A xente non quere medalla, senón algo imposible, que sería recuperar aos seus familiares, ou polo menos conseguir a verdade e a xustiza”, resolve Jesús Domínguez.

Aniversario

Fronte aos actos institucionais, as asociacións de vítimas e veciños de Angrois manteñen unha axenda propia para o aniversario do accidente do tren Alvia. Celebrarán unha misa na Catedral o xoves 24 ás 17 horas. Dúas horas despois realizarase un acto conmemorativo en Angrois, onde se agradecerá o apoio dos colectivos que apoiaron aos afectados, haberá lectura de poemas e música; e depositaranse 80 rosas brancas no lugar que xa ninguén vai esquecer.

Sociedade