Animais humanizados

Animais humanizados
14 de Setembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Sen ilustracións sería a páxina doutro libro calquera”, asegura Antón Cortizas sobre o seu novo libro titulado Os dez animais. Lidia Nokonoko ilustra con vida e cor as personaxes dunha obra moi didáctica e divertida.

 

“Sempre me movín no mundo infantil pero se tivese que ilustrar un texto para público adulto non variaría moito porque as maiores louvanzas me veñen de adultos. Son os adultos aos que lles gustan este tipo de ilustracións. Os nenos que máis as aprecian son aqueles aos que lles gusta debuxar”, afirma Lidia Nokonoko ao tempo que recorda a importancia das cores “As cores teñen ese poder de apoiar de forma directa as emocións”. A ilustradora e o escritor de Os dez animais, Antón Cortizas explicarán os segredos do éxito desta publicación este xoves a partires das once da mañá no clube de lectura de Radiofusión.

Cultura

Publica o teu comentario agora