Animais reais ou inventados en formato acordeón

Animais reais ou inventados en formato acordeón
10 de Xuño, 2019 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un convite á persoa espectadora para que percorra o espazo expositivo. Os libros de artista de Animalario representan animais reais ou inventados en formato acordeón e con técnica mixta. A inauguración da mostra o pasado venres reuniu a máis de duascentas cincuenta persoas na Casa da Cultura de Fene. Un auténtico éxito.

Primeira mostra de libros de artista Animalario

A Primeira mostra dos sesenta e cinco alumnos e alumnas do laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity. Os libros de artista en formato acordeón forman a exposición Animalario que pode visitarse na Casa da Cultura de Fene durante dous meses, ata finais de xullo.

Cultura

Publica o teu comentario agora