Animais xeriátricos

Animais xeriátricos
25 de Maio, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha patoloxía semellante ao alzheimer afecta aos cans de idade avanzada. Chámase síndrome de disfunción cognitiva e vai ser obxecto de estudo en Galicia, informou en Radio Fene a veterinaria etóloga Noemí Graña.

ESCOITA O PODCAST:

Un estudo para detectar problemas de demencia en cans de idade avanzada está en marcha en Galicia, liderado pola profesora da Facultade de Veterinaria de Lugo Ángela González e no que colabora a veterinaria etóloga Noemí Graña. O estudo comezou xa pero están no proceso de captación de animais aos que farán distintos test para detectar problemas de demencia, anunciou a colaboradora de Radio Fene. As persoas interesadas poden poñerse en contacto co Lar de Belelle ou pedir información ao seu veterinario.

Animais xeriátricos

Remarcou a importancia de extremar os coidados aos animais de idade avanzada, “porque é maior, hai que prestar máis atención, facer revisións veterinarias máis frecuentes, coidarlle alimentación, é fundamental estimulalos, a estimulación cognitiva é superimportante para os animais xeriátricos”, aclarou Noemí.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora