ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Conta contos este xoves na Biblioteca Municipal de Fene que tamén ten en marcha as inscricións para o seu Club de Lectura. Son actividades de fomento da lectura das que que falou en Radio Fene a bibliotecaria, Carolina Méndez

Por iniciativa da Biblioteca nenos e nenas de Fene reuniranse o xoves coa Fada Diana. A conta contos Ariadna Santana achegarase ao salón de actos da Casa da Cultura nunha actividade especialmente orientada a público infantil que dará comezo ás seis da tarde. A Biblioteca xa ten en marcha o programa de visitas escolares para que nenos e nenas se familiaricen coa instalación cultural e cos libros. Para público adulto están a organizar unha nova edición do Club de Lectura. O prazo de inscrición xa está aberto. O Club de Lectura botará andar no mes de outubro. A Biblioteca facilita exemplares dos libros que se lerán cada mes. Os encontros nos que se comentan serán tamén mensuais, un mércores de 18.00 a 19.30 horas. A primeira xa ten data, será o día 28 de outubro.
Publica o teu comentario agora