ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Cantos de taberna este sábado no Son de Cociña. Dentro da programación do Nadal que anunciou en Radio Fene Mónica Cociña.

“Son d cantos”, un grupo formado en Perlío en outubro de 2023, que ten as súas raíces na escola Bellón Maceiras, ofrece Cantos de taberna ás sete da tarde no Son de Cociña. Son 37 compoñentes procedentes de toda a comarca, 6 músicos (entre acordeóns, guitarras e percusión) e 31 voces. No Nadal hai moito traballo nos locais de hostalería. Por se fora pouco, no Son de Cociña tamén instalaron un buzón para recoller cartas de nenos e nenas para Papa Noel. E ata van despedir dúas veces o ano 2025. Para o venres día 26 anuncian unha prefesta de Fin de Ano. Comezará coa actuación do grupo APELO e tamén tomarán as uvas da sorte.
Publica o teu comentario agora