Aniversario de ASPANEPS

Aniversario de ASPANEPS
15 de Abril, 2026 - 06:00 h. | Publicada por Radio Fene

Visita ao Concello de Fene dunha representación de ASPANEPS que este ano festexará o seu aniversario. Recibiunos a alcaldesa, Sandra Permui. 

A alcaldesa de Fene, Sandra Permui, recibiu esta mañá a representantes de ASPANEPS, entidade coa que o Concello mantén unha colaboración continuada e que este ano celebra o seu 45+1 aniversario. No encontro, a entidade trasladoulle o convite á alcaldesa para participar no acto central que celebrará no outono. O principal acto conmemorativo será o 16 de outubro e nel daranse cita profesionais, familias e persoas expertas nos ámbitos da infancia, a xuventude e a discapacidade. ASPANEPS leva máis de catro décadas traballando na atención e saúde mental infanto - xuvenil e ás persoas con discapacidade. En Fene conta cun centro ocupacional dirixido a mozos e mozas maiores de 16 anos e persoas adultas con discapacidade intelectual.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora