Anniina Aijanen queda

Anniina Aijanen queda
29 de Xuño, 2020 - 01:12 h. | Publicada por Radio Fene

A finlandesa Anniina Aijanen seguirá vestindo a camisola do Baxi Ferrol a nova tempada.

A pivote finlandesa Anniina Aijanen decidiu quedar nas filas do Baxi Ferrol, ao aceptar a oferta de renovación que lle fixo chegar o club. A xogadora, de 24 anos e 1.88 metros, que se formou na universidade de Javier, en Estados Unidos, realizou unha boa campaña o ano pasado, o que levou a que o adestrador, Lino López, decidise ofrecerlle a súa continuidade no equipo. Anniina Aijanen destaca por ser unha xogadora de equipo, cun bo tiro de tres e que xoga de costas ao aro, cunha boa actitude na cancha.

A xogadora destaca sobre a súa decisión de seguir no equipo departamental que "realmente gocei moito representando ao BAXI Ferrol e xogando con Lino López e as miñas compañeiras. Quero axudar ao equipo a terminar o que comezamos o ano pasado e ascender á liga Endesa". En canto ao que pode ofrecer ao conxunto departamental, a pivote finlandesa sinala que "en Ferrol creo que podo mellorar moito como xogadora e esa é a principal razón que me leva a quedarme no equipo". 

Anniina Aijanen convértese na sétima integrante do plantel ferrolán, tras as renovacións de Patri Cabrera, Natalia Rodríguez, Sune Swart e Patricia Benet, e as fichaxes da valenciana Irene Garí e da arxentina Andrea Boquete.

Deportes

Publica o teu comentario agora