Anos gloriosos

Anos gloriosos
12 de Agosto, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Durante unha década, a S.D.Barallobre trataba de ti ao mellor do fútbol galego. En 1972 ascendeu a Rexional Preferente, o equivalente daquela á actual Terceira División do fútbol. Fora nunha eliminatoria contra o Burela. No Ramo gañaran os locais 1-0 e na Mariña luguesa empataron o partido. O equipo intercambiaba xogadores co Deportivo da Coruña ou co Racing de Ferrol. Acudía a xogar ao estadio de Riazor na Coruña ou a Santa Isabel en Santiago de Compostela.

Rodrigo Galdo

Para lembrar aqueles anos e aquelas fazañas, a Sociedade Deportiva Barallobre convida a todos os seus ex-xogadores e ex-directivos a acudir este sábado ao campo do Ramo. Queren converter a xornada nunha festa de confraternidade. As sete e cuarto da tarde entregarase unha placa conmemorativa ao xogador Antonio Lorenzo "Tucho". Xogarase tamén o torneo triangular Mesón O Campo a partir das seis e media da tarde coa participación do Eume B, Numancia de Ares e S.D.Barallobre. 

Imaxe. S.D.Barallobre. Tempada 1979-80
 

Deportes

Publica o teu comentario agora