Antía Yañez e o caso "Carretero"

Antía Yañez e o caso "Carretero"
29 de Xaneiro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

Antía Yañez foi unha nena dos noventa. Daquela se lles inculcaba ás mulleres que tiñan que ser perfectas. Eran uns ideais inalcanzábeis. "As mulleres temos un alto estándar que nunca imos acadar e iso nos leva á culpa" apunta a escritora. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Antía Yañez, sobre "O clan das barbies":

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/240125YANEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

Que pasaría se a sociedade tivese que respondernos ás mulleres cando somos maltratadas, violadas, humilladas...? Se chegamos a un punto en que asumimos que a xustiza que se nos está impartindo non é xusta? A partir destas preguntas xorde a nova novela de Antía Yáñez “O clan das barbies”.Preguntas de vibrante actualidade diante do interrogatorio realizado polo xuiz Adolfo Carretero a actriz Elisa Mouliaá tras a súa denuncia por agresión sexual contra Íñigo Errejón. O Consello Xeral do Poder Xudicial abreulle un expediente ao maxistrado tras numerosas queixas recibidas polas preguntas formuladas. 
A novela de Antía Yañez desenvolvese nun tempo futuro con referencias ao século XXII.  A baixa natalidade é un dos problemas globais. Dúas mulleres e un home atópanse na sala de espera da Clínica Eva. Alma, Carla e An, tres vidas que se entrecruzan. Furia e sororidade para facer fronte á precariedade, a discriminación e ao abuso. Non xustificar a violencia pero si explicar porque é unha opción para persoas que escollen esa vía. O 95% da poboación reclusa en España son homes. Antía Yañez preguntase porque os homes optan mais pola violencia que as mulleres. Os expertos aluden ás diferentes formas de socialización como a causa desas estadísticas. 

 

Na imaxe, Antía Yáñez no "Club de lectura"

Fotografía Xan Xe
 

Cultura

Publica o teu comentario agora