Antón Bao inaugura hoxe as XVIII Xornadas Pedagóxicas do Museo Provincial de Lugo

Antón Bao inaugura hoxe as XVIII Xornadas Pedagóxicas do Museo Provincial de Lugo

01 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo e responsable da súa área de Cultura, o nacionalista Antón Bao, será o encargado de inaugurar hoxe, contra as 17.00 horas, as XVIII Xornadas Pedagóxicas do Museo Provincial de Lugo que este ano teñen o lema “Museos: espazos para ensinar e aprende”. Este evento se desenvolverá ata o vindeiro xoves 3 de xuño.

O evento está organizado polo devandito museo, dependente do organismo provincial e o Centro de Recursos de Lugo  e está coordinado por Marta Arias López e Antonio Reigosa Carreiras. As xornadas están dirixidas ao profesorado de educación infantil, primaria e secundaria, así como tamén a traballadores de museos e persoal de servizos culturais. Os seus obxectivos son explorar e analizar as posibilidades didácticas dos recursos dos museos, dar a coñecer ao profesorado estratexias no uso destes recursos e fomentar o intercambio de experiencias entre profesorado e traballadores dos museos.

Cultura