Antón Bao presentará o volume “Obra Completa” de Xosé Luís García Mato nun acto organizado polo IESCHA o vindeiro venres en Vilalba

Antón Bao presentará o volume “Obra Completa” de Xosé Luís García Mato nun acto organizado polo IESCHA o vindeiro venres en Vilalba

09 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A obra do escritor vilalbés Xosé Luís García Mato será a protagonista do serán do venres 11 de xuño no Salón de Actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, xa que o Instituto de Estudios Chairegos (IESCHA) presentará o volume Obra Completa, financiada pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, e na que se recolle unha escolma literaria do autor chairego. No acto de presentación, que dará comezo a partir das 2

A recollida e ordenación da materia prima literaria que compoñen os dous volumes desta obra foi realizada por Xosé Luís García Ferreiro, o fillo maior de Xosé L. García Mato-. A Obra Completa conta con estudos de Darío Xohán Cabana, Agustín Fernández Paz e Bernardo García Cendán, que analizan respectivamente os escritos de poesía, relatos e xornalísticos.

Poeta cofundador das Irmandades da fala de Vilalba
Xosé Luís García Mato (1924-1980), fillo de Antonio García Hermida (1885-1939), poeta, cofundador  da Irmandade da Fala de Vilalba, e sobriño-neto de Manuel Mato Vizoso (1846-1909), foi un dos piares fundamentais do quefacer cultural de Vilalba no século XX. Ademais da súa obra poética e en narrativa, escribiu centos de artigos en diferentes xornais e nos programas das festas patronais vilalbesas e fixo achegas moi importantes ao estudo da historia da Terra Chá.

Sociedade