Antón Noceda dimite no pleno de marzo

Antón Noceda dimite no pleno de marzo

19 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A dimisión do edil socialista de Fene, Anton Noceda, deixa de ser un rumor para convertirse nunha confirmacion realizada por el mesmo. Faráse efectiva no primeiro pleno do mes de Marzo. A seguinte na candidatura, Rocío Rey, sustituirá a Noceda, segundo confirmou o alcalde fenés.

O concelleiro fenés, Anton Noceda, puxo data á sua dimisión do goberno municipal. A baixa faráse efectiva no pleno ordinario de marzo. Alega razóns personais á hora de tomar esta decisión, porque as responsabilidades que ten no partido, no concello e a sua profesión sobrepásano. Noceda aposta por adicarse á sua profesión e ao traballo orgánico no partido. Segundo declaracións realizadas á Radiofusión, a sua intención de deixar o grupo municipal era coñecida dende hai un ano e só lle faltaba poñer data. No seu sitio quedará Rocio Rey.  Non cré o edil socialista que o grupo quede tocado coa sua marcha, pola contra, pensa que o deixa nun momento excelente e con moitos proxectos por realizar. Desta experiencia lévase nada máis que alegrías, entre elas a de poñer a Ivan Puentes na alcaldía.  Quere despedirse Anton Noceda agradecendo, precisamente aos que pediron a sua dimision, aos traballadores do concello no seu conxunto, a cordialidade, disponibilidade e a profesionalidade que lle demostraron.  Para o PP de Fene a dimisión do concelleiro de persoal pon de manifesto os problemas internos e a debilidade do goberno de Iván Puentes. Lembran que as dimisións producíronse en duas áreas de xestión moi importantes para a boa marcha do concello. A primeira, do concelleiro de Facenda, deixóu a sección económica sen responsable, e meses despois continúa sen titular. Nesta situación, afirman os populares que os Orzamentos do 2009 seguirán o mesmo camiño dos do 2008 aprobados no mes de xuño pasado. Dende o PP non descartan novas dimisións dentro do grupo socialista, dada a situación doutras áreas como Obras ou Urbanismo que carecen dunha xestión eficaz. Pola sua parte o alcalde de Fene, Ivan Puentes,  toma con respecto a decisión de Noceda e con pena porque marcha, afirmou, un dos concelleiros con mais capacidade da corporación.. Sobre a reestructuracion do grupo municipal socialista e o reparto das areas de traballo, Puentes afirmou que xa ten todo pensado pero que antes de facelo público prefire darllo a coñecer ao socio de goberno e á oposicion.

Sociedade