Antas de Ulla celebra con música, gastronomía e artesanía a Semana Santa

Antas de Ulla celebra con música, gastronomía e artesanía a Semana Santa

19 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O I Festival Vila de Antas – Primavera Sons xa ten o seu programa pechado. Dará comezo este xoves, 21 de abril, para prolongarse ata o domingo 24. En total, catro días de festa nos que haberá concertos, a I Feira de Meigas, a I Festa do Churrasco de Porco; ademais de obradoiro infantil de stop-motion, cinema na rúa, a I Concentración de Clásicos ou paintball.

O Concello de Antas de Ulla é o organizador deste evento que reivindica a cultura e o patrimonio galegos. Un festival para xente de todas as idades no que destacan os tres días de concertos do Festival Primavera Sons. Unha primeira edición, do xoves ao sábado, na que participarán 14 bandas galegas emerxentes e consolidadas. As entradas e a zona de acampada son de balde.

En canto á I Feira de Meigas, que se prolongará durante os catro días da Semana Santa, contará con postos de artesáns, animación, xogos tradicionais, queimada, malabaristas e mesmo un certame de disfraces.

Na xornada dominical, a I Festa do Churrasco de Porco estará amenizada polo grupo tradicional Berros do Castro.

 

Cultura