ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cambioulles a vida achegarse ao Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra. Isabel e María falan dun antes e un despois e recomendan a calquera persoa que precise axuda a petar nesa porta. “Tal como estás non podes estar peor, podes probar, non perdes nada”, aconsella María. “Para min o Grupo foi o cambio, aprendes a vivir doutra maneira”, remacha Isabel.
“Para min é como se entrara antonte, sigo sendo alcólica, sereino toda a vida, o obxectivo é hoxe”, confesa María que comezou beber na súa etapa universitaria, en Santiago de Compostela. Ata daquela “eu era a responsable, nunca daba que falar, sacaba boas notas..non porque puidera controlar a bebida é porque a vida me controlaba a min”. No caso de Isabel os comezos foron “como experimento no instituto, sempre fun moi cohibida, sentíame máis libre, empecei as fins de semana, na adolescencia, moi cedo xa tiven experiencias de ir parar ao hospital, a primeira vez foi con 15 anos”.
Publica o teu comentario agora