Anticorrupción investiga as tarxetas opacas das caixas

Anticorrupción investiga as tarxetas opacas das caixas

03 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O fiscal xefe Anticorrupción Antonio Salinas, trasladou o pasado vintecatro de setembro ao xuiz da Audiencia Nacional Fernando Andreu as dilixencias abertas por posible delito societario e de apropiación indebida pola utilización das tarxetas VIP de Caja Madrid. Descoñécese se as restantes caixas de aforro usaban tamén este método de remuneración.

Os oitenta e seis membros dos Consellos de Administración de Caja Madrid utilizaron as tarxetas denominadas opacas que escapaban do control de Facenda. A cantidade ascende aos quince millóns e medio de euros entre o 2003 e o 2012. A entidade requeriu 24.000 millóns de euros do Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB) para reflotala.

Sociedade