ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Concentración esta mañá ás portas dos Xulgados de Ferrol en apoio de Bruno Lopes, citado a declarar por uns tuits de apoio ao pobo palestino. “Agora toca esperar”, manifestou logo de prestar declaración.

“Antisionismo non é antisemitismo”. Era o lema da pancarta da Coordinadora Galega de Soliedariedade coa Palestina que encabezou a concentración en solidariedade co activista Bruno Lopes, que tivo que declarar no Xulgado esta mañá pola publicación de varios tuits de apoio ao pobo palestino. Arroupándoo ás portas dos Xulgados moita xente e autoridades de Fene como a alcaldesa, Sandra Permui, e varios concelleiros. Estiveron presentes tamén os deputados do BNG no Congreso Néstor Rego e o no Parlamento galego Mon Fernández, ademais da responsábel de organización do Bloque, Lucía López Sobrado e figuras como Francisco Rodríguez e Xosé Díaz.
Publica o teu comentario agora