Antonio Blanco: “A historia de Romasanta continúa viva”

Antonio Blanco: “A historia de Romasanta continúa viva”

27 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Cando en 1929 Vicente Risco ingresou na Real Academia Galega centrou o seu discurso na figura de Manuel Blanco Romasanta, quen pasou a historia como o lobishome ou o sacaúntos de Allariz. Abordou o tema como etnógrafo, pero advertiu que podía ser analizado desde moitos outros prismas. A Fundación que leva o seu nome recolle agora ese envite e organiza esta fin de semana unhas xornadas para estudar a pegada cultural, social, xurídica e científica do

As xornadas arrincan o sábado co recitado dun cantar de cego de mediados do século XIX no que se relatan os crimes do lobishome de Allariz. A continuación inaugurarase unha mostra na que se inclúen libros, revistas, fotografías, obxectos ou carteis de cinema que fan referencia a Romasanta, entre os que destaca o sumario orixinal do seu xuízo. O programa do sábado remata cunha mesa redonda na que participan Luis García Mañá, Xosé Domínguez, Antonio Roma, Félix Castro e Roberto Bustillo.

O domingo proxectarase o filme El bosque del lobo (1973), cun coloquio posterior no que participará o director da película, Pedro Olea. As Xornadas Manuel Blanco Romasanta clausuraranse o luns coa exhibición da recreación do xuízo no que se condenou ao asasino. A idea inicial era facer unha posta en escena teatral, pero nos escenarios orixinais non había espazo suficiente para actores e público, polo que se decidiu gravala baixo a dirección de Luis Morales.

Con esta iniciativa preténdese, explica Antonio Blanco, promover a “cohesión social” e afondar na “identidade alaricana”. “Para ben ou para mal, isto aconteceu en Allariz”, conclúe.  

Cultura