Antonio M.Fraga: "Hai que pararlles os pés aos abusóns"

Antonio M.Fraga: "Hai que pararlles os pés aos abusóns"
14 de Febreiro, 2019 - 08:37 h. | Publicada por Radio Fene

“Abusóns houboos sempre, pero hai que facerlles fronte de forma colectiva” afirma o escritor Antonio M.Fraga, autor da novela “O bestiario científico de Anxos Nogueirosa”, unha obra cunha fermosa portada que nos fala, entroutros asuntos, das aventuras de Suso e Tila no sanatorio – colonia escolar de Oza na Coruña. A época da Segunda República nunha aldea da comarca do Eume, a relación entre dous xoves adolescentes, o acoso escolar, o mundo dos internados escolares e o eido do marabilloso. Con eses ingredientes, Antonio M.Fraga construiu “O bestiario,…” un libro que recomendamos no club de lectura de Radio Fene Radiofusión.

 

ESCOITA O PODCAST:
Antonio M.Fraga, Henrique Sanfiz, Anxos García Fonte, Esther Val e Andrés C.M.Riveira

A obra ten certas semellanzas con outra fermosa novela A evolución de Calpurnia Tate; heroína empeñada en descubrir os coñecementos que lle son velados. Un dos valores da novela é que logra conectar coa tradición tan galega da literatura fantástica e á vez realista, na liña de Álvaro Cunqueiro. A compoñente realista da novela tamén nos toca o corazón ao tratar de forma valente algúns temas que afectan á infancia como a pobreza e a precariedade na alimentación. Parabéns a Antonio M. Fraga pola elegancia do seu estilo e a beleza e riqueza da súa lingua literaria.

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora