ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O mestre de Taekwondo vilalbés, Antonio Montes, foi un dos protagonistas do stage multiestilos que se celebrou durante a fin de semana na localidade portuguesa de Leiría. Montes aportou os seus coñecementos a mais de 120 persoas que se deron cita no país veciño nun evento que foi organizado polo club Marrazes, da Federaçao Nacional de Ju Jitsu de Portugal e coordinado polo mestre Helder Nunes.
Xunto co taekwondista chairego participaron outros especialistas nas artes marciais, como foron os casos de Chong Sun Kim Choi, da especialidade Kouk Sun Do, Nuno Cardeira, de Karate, Filipe Silva, de Hapkido e Jose M. Morales, de Ju Jitsu. Estas xornadas tiveron lugar nas instalacións da Academia Tigre Branco de Valongo. Os participantes foron divididos por niveis en tres tatamis, nos que, de forma simultanea, se celebraron distintas clases.