Antonio Oca inaugura Fevino en Ferrol

Antonio Oca inaugura Fevino en Ferrol

07 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Feira do Viño do Noroeste recibirá en Punta Arnela en Ferrol a máis de 300 profisionais acreditados. A organización espera tamén superar os 6.000 visitantes da anterior edición. O director xeral de Calidade Agroalimentaria Antonio Oca inaugurará oficialmente Fevino ás seis e media desta tarde, ainda que o recinto abrirá ás suas portas as cinco e media da tarde.

A Feira abrirá para o público en xeral esta tarde e mañá domingo de once da mañá a duas e media da tarde e de cinco e media a nove da noite. O luns e o martes Fevino abrirá unicamente para visitantes profisionais. Amósanse 60 expositores de máis de 500 adegas con 2.500 caldos.

Sociedade