Antonio Reigosa: “As lendas urbanas son actualizacións das tradicionais”

Antonio Reigosa: “As lendas urbanas son actualizacións das tradicionais”

22 de Xuño, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As chamadas lendas urbanas transcorren en autoestradas ou discotecas, pero a súa orixe hai que procurala mesmo antes de que existiran estas infraestruturas. A recorrente historia dunha moza que se aparece nunha curva ten os seus referentes na Iliada e os rumores que rodean aos inmigrantes chineses resultan moi similares aos que sufrían hai séculos os xudeus, segundo o escritor e experto en lendas tradicionais Antonio Reigosa.

Reigosa, explicou en Radiofusión que o único que distingue a estas narracións contemporáneas do resto das de tradición oral é súa capacidade para actualizarse temporalmente e reubicarse xeograficamente. Apunta ademais que estas lendas proban a falsidade do tópico que relaciona en exclusiva a cultura popular e o mundo rural.


Cultura