ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O vindeiro sábado 28 de novembro, a Casa-Escola de Cabreiros, en Xermade, acollerá, contra as 19.00 horas, unha xornada de Polafías que contará coa presenza do escritor Antonio Reigosa. As polafías son pequenos relatos baseados en lendas e contos relacionados co mais alá e as supersticións populares galegas. Nesta actividade participarán os veciños de Cabreiros, que aportarán o seu propio coñecemento e a súa interpretaci&oac
A música correrá a cargo de Xavier Blanco, que é especialista en instrumentos pobres. Ademais, o poeta Isidro Novo lerá rimas populares. A entrada é libre e está organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Área de Cultura da Deputación de Lugo e a Asociación de Veciños de Cabreiro se o Concellos de Xermade.
Obradoiros na Biblioteca
O programa Letras Vivas da Biblioteca de Xermade organizou, para os próximos 25 e 27 de novembro, dous obradoiros destinados aos mais pequenos da casa.
O primeiro deles, que terá lugar o mércores 25 de novembro contra as 18.00 horas, está destinado a nenos de 4 a 12 anos e servirá para que os cativos aprendan cómo se realizan títeres e marionetas. Os materiais que se empregarán serán sinxelos e de refugallo, como poden ser botellas de plástico, cartóns ou botes de iugures. A continuación, cada pequeno deberá crear a súa propia historia breve para o seu boneco. A inscrición para esta actividade deberase realizar antes do 20 de novembro.
O seguinte dos obradoiros, denominado “Ti contas”, terá lugar o venres 27 ás 18.00 horas e, xunto co escritor e periodista do Progreso, Santiago Jaureguizar, buscarase fomentar a ceratividade literario, confeccionando un conto coa axuda dun limón, unha mazá e un rotulador negro, que cada un dos nenos, de 7 a 14 anos, deberá traer da casa. Aqueles interesados deberanse apuntar antes do 26 de novembro.