ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Gobernar sen ataduras, sen recibir ordes de Madrid. Así actua o Bloque” segundo palabras de Anxo Quintana que onte abríu en Narón a espita da campaña electoral. Convencido de que o Bloque arrastra unha corrente de simpatía que lle dará o 1 de marzo un resultado histórico
O candidato nacionalista comprometéuse a crear un complemento autonómico para os parados galegos, igual que ocurríu coas pensións máis baixas. Defendeu Quintana unha intervención pública nas entidades financieiras e apostou porque Galicia conte cun Instituto de crédito oficial (ICO).
No que máis énfase puxo o candidato do BNG á presidencia da Xunta
foi para defender o decreto eólico e o concurso promovido pola Consellería de Industria. Por primeira vez as gañancias das empresas que explotan as enerxias revertirán en Galicia, que se queda co 14% dos beneficios e coa creación de 8000 postos de traballo. Preguntouse e respondeuse Quintana a esta pregunta " ¿quén gañóu o concurso eólico? Galiza".
O rescate da Autopista do Atlántico, pola que os galegos e galegas pagamos mais de 180 millóns de €, o gran negocio do PP para Galicia, é outra das preocupacións que Quintana precisou onte en Narón. Con el estivo a numero 2, Ana Ponton, e o candidato pola comarca, Fernando Blanco.
A candidata nacionalista subliñou que “é fundamental que o BNG avance nestas eleccións para consolidar os cambios que iniciaron no sector eólico, no sector agrario, industrial ou dos servizos sociais, e tamén para estender eses cambios de profundidade a outros ámbitos”.
Na sua intervención, o candidato comarcal Fernando Branco Parga, referíuse á reactivación de Navantia Fene como unha teima do Bloque dende que chegou ao Horreo, vai para catro anos.
Á porta do Auditorio Municipal de Narón agardaron a Quintana un grupo de veciños e veciñas opositores do Plan Sectorial do Ponto.