Ao ano andar, e aos dous falar

Ao ano andar, e aos dous falar

11 de Agosto, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

"As veces aos nenos pequenos lles falamos como se fosen parvos" advirte a profesora de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela Maria José Buceta, quen alerta sobre a necesidade de diagnósticos precoces de calquera eiva comunicativa na infancia. A experta salienta a importancia da consulta diante dun especialista cando se observen pautas diferentes na comunicación, entre os 2 e os 3 anos de idade. "Ao ano andar e aos dous falar" indica o refr

Ata un 7 por cento da poboación infantil padece trastornos na linguaxe. A Universidade de Santiago de Compostela conta cunha Unidade de Atención Temperá especializada nestes problemas, que tenta achegar solucións para síntomas que, nalgúns casos, máis adiante se corresponderán con problemas severos como o autismo. A directora desta unidade, María José Buceta, salientou en Radiofusión a importancia dun diagnóstico precoz na infancia de calquer eiva comunicativa e criticou que esta especialidade sexa a grande esquecida na atención aos máis pequenos.

Mª José Buceta, recibiu no pasado mes de marzo en Madrid o premio a toda unha vida outorgado pola Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER) en recoñecemento ao traballo e investigacións que leva realizados neste campo ao longo de toda a súa traxectoria profesional. Profesora titular no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación dende 1988, está especializada en investigar sobre os modelos de intervención e valoración en atención temperá, tratando e avaliando casos en persoas con síndromes minoritarios como a síndrome de West, de Algelman ou de X-Fragil, entre outros.

Sociedade