ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Ranimal
O adestramento dun cachorro debe comezar desde o primeiro día que entra na casa. “Desde que chegan están aprendendo cousas”. A veterinaria etóloga Noemí Graña explicou en Radio Fene como podemos ensinarlle a un can ou a un gato hábitos e rutinas.

"Se desde o primeiro momento marcamos as cousas evitamos moitísimos problemas”, sinalou Noemí. “Determinados problemas de comportamento nos cans causan moita ansiedade nos titores, un deles é a ansiedade por separación”. Contou que “primeiro sempre se ensina de forma xestual e despois introdúcese a verbal”. Asegura a especialista que “hai cousas moi sinxelas de ensinar, ensinarlle a un can a sentar é tan doado como ensinarlle unha chuche”. No caso dos gatos, pode haber problema co xeito de facelo, “dar co premio ou recompensa ás veces é máis complicado”. En todo caso, “hai que ser constante e consistente”, recalca Noemí Graña.
Publica o teu comentario agora