Ao rico poldro

Degustación en Magalofes
06 de Novembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Degustación de carne de poldro. Unha proposta que ofrece a Asociación Veciñal San Xurxo de Magalofes o sábado, dia 9 de novembro. O presidente Manuel Pico animou a participar na cita gastronómica e recomenda anotarse con antelación. 

 

ESCOITA O PODCAST:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/051124PICO.mp3

Imaxe da Festa do Cabalo de Magalofes. 

A Festa celebrouse durante máis de vinte anos congregando en Magalofes a milleiros de persoas.

“Un manxar exquisito que queremos dar a coñecer, un ano máis e xa levamos trinta”.  Os preparativos dan moito traballo pero a organización está ben adestrada. Contan servir ata 250 racións e preparan a carne de poldro de dúas maneiras, estofada e á prancha. A cita, ás 21 horas, no local social. Para completar a festa haberá música ao vivo porque, como dí o presidente da entidade veciñal, “a unha cea forte botar unha bailadas venlle ben”.  “Que veña bo tempo e moita xente” é o desexo de Manuel Pico.

Sociedade

Publica o teu comentario agora