Apañar o trevo no Seixo

Apañar o trevo no Seixo
29 de Xuño, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Apañar o trevo, o trevo do chan, apañar o trevo na mañá de San Xoán. A canción do trevo volverá soar no Seixo en Mugardos o martes 25 de xullo. Forma parte do programa das festas de Santiago de Franza O Seixo.

Fotografía Xan Xe

O programa comeza o sábado 22 de xullo coa festa das merendas no campo de Beiramar.O dúo Caramba tocará na sesión vermú e Caramba e Jaque na verbena nocturna. O domingo 23 unha polbeira de Carballiño despachará polbo no Casino Progreso de Franza. O luns 24 haberá unha queimada en Amigos da Paisaxe Galega. O trío Antha e a orquestra Os Players tocarán na verbena o martes 25 de xullo. Xa o mércores  26 haberá xogos tradicionais no souto de Beiramar. Somoza Trío e o grupo Assia arrufarán a verbena nocturna.

 

Na imaxe as festas dos Santos en Perlío

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora