Aparece o Códice

Aparece o Códice

04 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A Policia atopou este mediodia o Códice Calixtino nun garaxe do Milladoiro (Ames), propiedade dun dos detidos a pasada noite. Os axentes da Brigada do Patrimonio Histórico e o xuiz instrutor José Antonio Vázquez Taín protagonizaron escenas de ledicia ao atopar un dos manuscritos máis valiosos do mundo, sustraido hai un ano da catedral de Santiago de Compostela. As forzas de seguridade tamén rexistraron unha vivenda en Negreira onde atoparon outro libro sus

Segundo a investigadora Maria X.Rodríguez Valcarcel, o Codex Calixtinus ou Códice Calixtino é un manuscrito iluminado en letra carolinxia de mediados do século XII escrito en latín. Trátase dunha especie de guía para os peregrinos que realizaban o Camiño de Santiago con consellos, descricións da ruta, das obras de arte que existían e dos costumes cos que se ían atopando. Ten tamén sermóns, milagres e textos litúrxicos relacionados co apóstolo. Aínda que ás veces aparece denominado como Liber Sancti Iacobi, convén distinguir entre ambos conceptos. O Liber Sancti Iacobi representa o contido do libro, do cal xurdiron varios manuscritos, o máis notable dos cales é o Codex Calixtinus hoxe recuperado.

O Codex Calixtinus consta de cinco libros e dous apéndices cun total de 225 folios de pergamiño escritos nas dúas caras cun tamaño de 295 x 214 mm. Agás excepcións, o texto é sempre a unha columna con 34 liñas por páxina. O primeiro libro é de carácter litúrxico, o segundo haxiográfico, o terceiro e cuarto de natureza histórica e o quinto, que gozou de maior popularidade, é unha especie de Guía para o peregrino que presenta os lugares que deben visitarse ao longo da ruta e advirte os viaxeiros dos perigos cos que se poden atopar no camiño. Tamén describe a cidade de Santiago e a catedral con detalle.

Sociedade