Aparece o corpo do home desaparecido o xoves en Boiro

Aparece o corpo do home desaparecido o xoves en Boiro

10 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Unha persoa que paseaba pola praia da Ladeira, no concello coruñés de Boiro, localizou o cadáver dun home que desaparecera o xoves tras ir a bañarse a ese mesmo areal. Segundo explicaron fontes da Central de Emerxencias 112-Galicia, a chamada de alerta deuse sobre as 21.53 deste xoves, cando un particular solicitou os servizos de emerxencias tras localizar na praia da Ladeira o corpo dun home.

Ao lugar do suceso desprazáronse efectivos da Garda Civil e do 061, que certificaron a morte do home. O falecido saíra a bañarse á praia da Ladeira ao medio día do xoves e non regresara, polo que os seus coñecidos saíra a buscalo.

Sociedade