Aparece varado un cachalote pigmeo

Aparece varado un cachalote pigmeo
01 de Decembro, 2021 - 12:51 h. | Publicada por Radio Fene

Un cachalote pigmeo,xibarte ou cabrote (Kogia breviceps, Blainville, 1838) apareceu xa hai varios dias na ria de Ares Betanzos. Mide 2 metros 30 centimetros. Morreu e varou na praia de Coído en Limodre. Pesa máis de 200 quilos segundo os cálculos de biólogos da Coordenadora de Estudos de Mamíferos Mariños e do Centro de recuperación de fauna silvestre de Oleiros. Recabaron da axuda do Concello de Fene para retirar o corpo do areal e proceder ao traslado ás súas instalacións para a súa incineración. O operativo é dificil dado o estreito e empinado acceso deste areal da zona de Limodre. 

O cetáceo na praia de Coído. Limodre. Fene

As diferentes administracións colaborarán para retirar o animal coa axuda dun tractor, segundo informa a concelleira de Seguridade de Fene Sandra Permui.

Sociedade

Publica o teu comentario agora