Apareceu Betanzos

Apareceu Betanzos
30 de Novembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Logo de publicar a novela O Escultor no ano 2020, Rafael Catoira saca á luz O peso da memoria, un libro totalmente distinto ao primeiro. “Cando teño unha idea a materializo escrita e me deixo levar polo estilo. Non quixen facer unha novela policíaca totalmente e en O Escultor quixen facer unha novela gótica”, manifesta o autor que o vindeiro venres poderemos escoitar a partires das once da mañá no clube de lectura de Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe Corral

Fotografía: Xan Xe Corral

O peso da memoria sitúase na España dos anos finais da ditadura franquista e da transición democrática, coa aparición de novas clases sociais e económicas, xurdidas por mor da emerxente situación política. O asasinato dunha rapaza é a teima máis recorrente dun inspector de policía xubilado que comparte confidencias cun profesor. Betanzos é o lugar elixido por Rafael Catoira para ambientar esta novela. “Tiven unha imaxe ao principio pero despois foise debuxando na cabeza e apareceu Betanzos. Déuseme por imaxinar que a protagonista vivía alí, nunha casa illada que hai a entrada de Betanzos e que ten, por un lado, o río e, por outro lado, unha lameira. Era un lugar axeitado para o personaxe principal da novela”, adianta Rafael Catoira, autor do libro O peso da memoria.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora