Apoio crítico

Apoio crítico
05 de Xaneiro, 2023 - 12:55 h. | Publicada por Radio Fene

Apoio do Concello de Fene ás traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. No primeiro pleno do ano foi aprobada unha moción presentada pola Concellería de Benestar Social. Nas Foxas de Radio Fene, a voceira do grupo socialista, Mar Piñeiro, dixo que votaron a favor, pero opina que a moción chegou tarde

ESCOITA O PODCAST:

“É un pouco atemporal, tiña que terse presentado o ano pasado porque saíu recentemente a convocatoria”, dixo. “É verdade que a Xunta deixouno pasar moito tempo e a Consellería de Política Social non os recibía. Nós apoiamos as reivindicacións do colectivo, era necesario resolver o conflito nun servizo no que hai moita temporalidade, máis do 90%, e había que levar a cabo a estabilización”, explicou. “Estamos a favor deste colectivo, pero esta moción debera ter vido hai meses”, concluíu. Ademais, felicitouse porque este ano volva haber Cabalgata de Reis “botamos en falta un percorrido máis ambicioso polas parroquias, pero estamos contentos de que, por fin, se poida celebrar despois de dous anos de pandemia”.

Institucional

Publica o teu comentario agora