Apoio a familiares con menores en risco psicosocial e sensibilización coa discapacidade

Apoio a familiares con menores en risco psicosocial e sensibilización coa discapacidade

14 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“O máis importante para o goberno de Ferrol son as persoas e máis cando se trata de xóvenes, dos máis pequenos” sinalou esta mañá o alcalde da cidade departamental, Vicente Irisarri. O concello ferrolán  asinou un convenio coa Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (ASPANEPS). Un acordo presupostado en 23.000 euros para a posta en marcha de dous programas de axuda a familiares con menores en risco psico-social e de

Dous programas inclúense neste convenio de colaboración. O primeiro proxecto denomínase “Programa de intervención con familiares de menores en risco psicosocial”. O seu obxectivo é reformar e potenciar os recursos das familias para satisfacer as necesidades de protección e coidados dos menores ao seu cargo. Realizarase en coordenación coa concellería de benestar social e darase apoio as familias con nenos e nenas con problemas. 

“Ponte no noso lugar. Iguais pero diferentes” chámase o segundo dos proxectos. Nel búscase a participación dos centros escolares de Ferrol para a sensibilización cos discapacitados. Participarán usuarios/as de ASPANEPS desenvolvendo, no centro ocupacional, actividades vencelladas ao mundo da discapacidade.

Sociedade