ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Merca en Fene, a Confraría Santiago Apóstol de Barallobre, o Festival de arte urbana Perla Mural Fest e o encontro As lavandeiras de Sillobre contan co apoio económico do Concello de Fene. “Reafirmamos o noso compromiso por apoiar iniciativas que xeran un retorno económico e social, mellorando a calidade de vida da nosa veciñanza”, sinalou o alcalde, Juventino Trigo, logo de asinar as subvencións municipais para as catro entidades sociais que organizan estes eventos.
O Concello de Fene financia cun total de 23.800 euros as iniciativas de catro entidades CRD Agarimo, a Confraría Santiago Apóstol de Barallobre, a Asociación Perla Mural Fest e a Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos “O Cruceiro”. Son subvencións nominativas da Concellería de Promoción Económica que se distribúen así. Dez mil euros están destinados ao programa “Merca en Fene”, promovido por O Cruceiro. Oito mil euros son para apoiar as actividades da Confraría Santiago Apóstol de Barallobre. Tres mil euros destinados a Perla Mural Fest e dous mil oitocentos euros recibirá Agarimo para As lavandeiras de Sillobre. A concelleira de promoción económica, Ángeles Coira, destacou o compromiso do Concello co tecido asociativo e económico local. “Estes convenios reflicten a nosa aposta por proxectos que non só enriquecen a vida cultural de Fene, senón que tamén teñen un impacto directo no seu desenvolvemento económico e na creación de emprego”.
Publica o teu comentario agora