ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene ofrece asesoramento ás persoas que buscan traballo ou a quen desexe cambiar de emprego. Falamos con Concepción Prado do servizo de Orientación Laboral, que depende da Concellería de Emprego e Formación, que dirixe Cristina García Moroño.
“Hai diferentes perfís, desde 60 anos en desemprego ata rapaz de 17 que aínda non sacou a formación e teñen todo o futuro laboral por diante”, indica Concepción Prado. A todos se lles dá acompañamento desde o servizo de Orientación Laboral. O Concello de Fene ofrece programas de formación para facilitar o acceso ao mercado laboral tanto a persoas que buscan o seu primeiro emprego como a quen quedou no paro ou quere cambiar de ocupación, e tamén dá asesoramento a quen o precisa. Ademais destes servizos á cidadanía, o servizo de Orientación Laboral colabora co IES de Fene con unha xornada prevista para este venres. Achegarán información ao alumnado que remata este curso a FP para familiarizalos co mundo do traballo.
Publica o teu comentario agora