ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O BNG de Cabanas xa ten candidato á Alcaldía para as eleccións municipais de maio de 2027. Iago Varela, que encabezará a candidatura nacionalista disposto a liderar o próximo goberno no Concello de Cabanas, valorou tamén o adianto das eleccións xerais.

O BNG aspira a liderar o Concello de Cabanas con un candidato experimentado. “Xa tiven responsabilidades de Goberno nun mandato moi convulso, marcado pola crise da covid”, lembra Iago Varela. “Sabemos o que queremos facer para Cabanas nos próximos anos, é moi importante ter obxectivos a longo prazo, non quedar so co día a día”. Presentouse o recen elixido candidato do Bloque á Alcaldía con unha mensaxe construtiva e de futuro para Cabanas. “Temos moi claro cal é o concello que imaxinamos para os próximos 10-15 anos”, declarou.
Eleccións xerais
“A lexislatura xa estaba esgotaba, unha vez convocadas no BNG estamos preparadas para defender os intereses de Galiza aínda con máis voz”, afirmou Iago Varela, elixido por unanimidade pola asemblea local do Bloque de Cabanas para ser o candidato á Alcaldía nas eleccións municipais.
Publica o teu comentario agora