Aposta polo reciclaxe

Aposta polo reciclaxe
02 de Xuño, 2020 - 09:37 h. | Publicada por Radio Fene

Aspaneps aposta polo compostaxe. Baralla acollerse a axudas da Xunta de Galicia e do Ministerio de Transición Ecolóxica para o fomento da compostaxe caseira e comunitaria. Na actualidade xa teñen habilitado un sistema de recollida e tratamento dos residuos orgánicos para a produción do compost, que logo se utiliza na horta comunitaria que traballan ao pé da igrexa de Perlío.

Horta comunitaria de Aspaneps. Perlío

Segundo afirman, as áreas de compostaxe comunitaria polas súas características económicas, ambientais e sociais favorecen a práctica da economía circular. Instalarán unha nova área de compostaxe e un obradoiro formativo, tendo en conta a obriga de reciclar ao menos o 55% dos residuos para o ano 2023, segundo a normativa da Unión Europea. Visitaron a zona de compostaxe a concelleira de Servizos de Fene Mar Piñeiro, o concelleiro de Medio Ambiente de Narón Santiago Galego e a técnica de ADEGA María R.Lafuente. Explicou o funcionamento da horta o educador social de Aspaneps Xabier Picos.

Aspaneps (Asociación de Pais e Nais de Nenos con problemas psicosociais) mantén aberto un centro ocupacional con obradoiros para persoas con distintas capacidades. Atende nun baixo situado nas vivendas do Castro en Perlio (Fene).

Sociedade

Publica o teu comentario agora