ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Tren si, pero buses tamén. O PSOE de Fene apoia a modernización da comunicación da comarca por ferrocarril, recollida na declaración institucional que aprobou o Pleno do Concello, pero demanda que tamén se mellore o transporte público por estrada. Comentouno o voceiro do grupo socialista, Joaquín Ayala, no espazo As Foxas de Radio Fene.

“Aféctanos a todos, o ferrocarril é importante, pero o transporte de viaxeiros por estrada tamén”, destacou Joaquín Ayala. O voceiro socialista chamou a atención sobre o déficit do servizo de viaxeiros por estrada. “Queda xente na parada sen praza no autobús, non é que pasara un día puntual”. Sucedeu o mesmo día do pleno no que se aprobou a declaración institucional pola modernización do ferrocarril. Demanda por iso Ayala a intervención da Xunta. Nesta recta final do ano, o voceiro do grupo do PSOE no Concello de Fene considera prioritarios a licitación do PXOM, os Presupostos para o ano que vén e a aprobación da Ordenanza de Circulación.
Publica o teu comentario agora