Aprazado o Maniños - Perlío

Aprazado o Maniños - Perlío
14 de Xaneiro, 2022 - 03:48 h. | Publicada por Radio Fene

O comité de competición ven de aprazar o encontro da Primeira Galicia de fútbol que se ia celebrar este domingo no campo do Pote entre o Maniños e o Perlío. Os casos detectados de coronavirus entre os xogadores do Perlío levaron a suspender o partido. "O principal é que os rapaces se recuperen" manifestaron a Radio Fene fontes dos clubes. 

Fotografía Xan Xe Corral

O covid 19 tamén provocou o aprazamento do partido da mesma categoría entre o Cedeira e o Eume deportivo. Íase disputar no campo do Beco. 

Deportes

Publica o teu comentario agora