ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Por mor da alerta meteorolóxica, o Concello de Fene decidiu cancelar o Outlet previsto para esta fin de semana, trasladándose para o próximo co mesmo programa. O Outlet de Fene empezou a primeiras horas da mañá do venres pero o mal tempo e as alertas de temporal empuxaron a aprazar a iniciativa, despois de consultar cos establecementos participantes.
A fin de semana do 8,9 e 10 de marzo, o comercio local celebrará a iniciativa que organiza o Concello coa colaboración da Asociación o Cruceiro. Unha vintena de establecementos ofertan importantes descontos nesta iniciativa que se vai prolongar durante toda a xornada do venres e sábado e o domingo entre as dez e media e as dúas.
Establecementos situados na avenida Marqués de Figueroa, o Cruce de Fene, a Avenida Naturais de Fene, a Rúa do Concello e a Rúa da Fraga participan nesta nova edición do Outlet. Son A Tenda Agasallos, Berline Boutique, Bualá, Calzados Locay, DAma, El Baúl de Bego, Jomer, Kenia, Koralli, Lanas Gena, Lencería Loly Calvo, Lualé 114, Más Sport, Mayka Moda, Mercería e Lencería Costuras, Mundo Mayuka, Pachú, Un Pedacito de Mi, Zapatería Mismores e ZSR Zapatería.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora