Aprendín no instituto

Aprendín no instituto
02 de Maio, 2021 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

"O Instituto de Fene logrou despertar en min un pensamento crítico" afirma Manuel Cendán que ven de publicar o poemario "A Terra infinita" na editorial Balea. Tamén aprendín solidariedade nas mobilizacións en defensa de Astano e contra a reconversión, indica. Cita en concreto ao profesor Xosé Manuel Sarille e ao seu tío, o traballador do naval, Leonardo Dopico. 

ESCOITA O PODCAST:
Manuel Cendán en Radio Fene

O poemario recolle unha selección de versos escritos a partir de agosto de 2019. "Están presentes os ecos da miña actividade social, historias de amor e de desamor". O libro está xa á venda nas librarías da comarca de Ferrol pero a súa presentación pública agardará polo levantamento das restricións á mobilidade. 

Cultura

Publica o teu comentario agora