Aprendendo a esquiar

Aprendendo a esquiar
25 de Febreiro, 2020 - 08:25 h. | Publicada por Radio Fene

Voltou a última quenda de expedición a Cabeza de Manzaneda, na campaña da neve da Deputación da Coruña.

Un cento de nenas e nenos de entre 10 e 14 anos dos concellos de Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Capela, Coirós, Curtis, Fene, Irixoa, Melide, Miño, Mugardos, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, As Pontes, Sada, Santiso, Sobrado, Toques, Vilarmaior e Vilasantar gozaron a pasada fin de semana en Cabeza de Manzaneda (Ourense) da quinta e derradeira expedición á neve da Campaña de Esquí 2020, organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña.

Aínda que con escasa neve na estación, os escolares tiveron a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica deste deporte con monitores profesionais e de participar en numerosas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario. A deputada responsable de Deportes, Cristina Capelán, destacou que este ano a campaña de inverno da Deputación chegou a un total de cincocentos rapaces dos 93 concellos coruñeses. (Na imaxe o grupo de Pontedeume).

Deportes

Publica o teu comentario agora