Aprendendo a sofrir

Aprendendo a sofrir
29 de Outubro, 2018 - 12:31 h. | Publicada por Radio Fene

Aprendendo a sofrir. O Maniños B pechou as liñas e soubo defenderse con orde diante do Rápido de Neda. Na Segunda Galicia de fútbol, Maniños B 0 – 0 Rápido de Neda.

ESCOITA O PODCAST:
O Maniños B disputa por primeira vez a Segunda Galicia de fútbol

Os de Neda animáronse a reter a pelota, pero o equipo local soupo sofrir sen balón. Houbo poucas ocasións de gol para as dúas partes. O técnico visitante realizou varios cambios e logrou máis profundidade. “Tivemos sorte porque o contrario deu cun balón no pau e o noso porteiro fixo grandes paradas” manifesta o adestrador do Maniños Manel Freire. “Medramos pouco a pouco, debutaron cinco rapaces, tres xuvenís e duas novas fichas e competimos cun dos mellores da categoría” conclue Freire.

Deportes

Publica o teu comentario agora