ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Aprender a competir co deporte axuda á rapazada a prepararse para a vida. Defende a necesidade desa aprendizaxe o psicólogo e preparador físico José Barcia Tuccelli.

“É bo que nenos e nenas aprendan a competir, sempre que poñamos o foco en nós mesmos. Competir debe ser un reto persoal, poñer o enfoque a vencer a outro non é un enfoque educativo”, explicou en Radio Fene o especialista. “Se a miña identidade se crea en ser esa persoa que vai gañando aos outros alimentase o ego, non é educativo, pero a competición en si supón axuda, é unha aprendizaxe necesaria para a vida”, sinala Barcia Tuccelli.
Publica o teu comentario agora