Aprender a dialogar

Aprender a dialogar
04 de Abril, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fomentar o diálogo nas familias. O programa Máis que un Teito convida ás familias de Fene, Mugardos E Neda a unha nova sesión prevista para o luns día 7 de abril. “Círculo de Diálogo: claves para a educación emocional” é o título da sesión que dirixirá Naiara González.

ESCOITA O PODCAST:

As familias participantes aprenderán a utilizar unha ferramenta para mellorar a convivencia, segundo explicou en Radio Fene a pedagoga municipal María Xosé Paz. Os chamados círculos de diálogo, unha estratexia dirixida a facilitar que todas as persoas poidan escoitar e ser escoitadas o que fortalece a cohesión grupal, segundo explicaba a pedagoga municipal de Fene María Xosé Paz. Terá lugar na Casa da Cultura de Fene, o vindeiro luns, ás seis e media. 

Institucional

Publica o teu comentario agora